Seminario sobre Innovación na Atención Primaria: Pacientes en casa – Galicia & Escocia

A Xunta de Galicia coa colaboración da Embaixada do Reino Unido en España celebraron o seminario sobre Innovación na Atención Primaria o día 8 de xullo 2021.

Trátase dunha serie de eventos que teñen como obxectivo compartir boas prácticas e experiencias entre o Reino Unido e España, identificando oportunidades de negocio mutuas e fortalecendo a relación bilateral.

Por parte de Galicia participaron representantes da Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde, Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, Cluster Saúde de Galicia e a Axencia Galega de Innovación.

Pola súa banda, Escocia estivo representada polo NHS Scotland, Business is Great (Britain & Northern Ireland), e Digital Health & Care Institute.

No evento participaron empresas galegas e escocesas para presentar e compartir os seus proxectos.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.