Recoñecemento de efectos profesionais aos títulos non comunitarios de especialista en ciencias da saúde

O recoñecemento en España dos efectos profesionais ás cualificacións especializadas obtidas en Estados non membros da Unión Europea realízase polo procedemento regulado no Real decreto 459/2010 do 16 de abril.
 
O citado recoñecemento outorgará os mesmos dereitos e obrigacións profesionais que o título español de especialista e será un requisito esencial para a práctica en España, por conta propia ou allea, da profesión de especialista de que se trate.
 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.