O Servizo Galego de Saúde galardoado co I Premio Europeo de Contratación Pública de Innovación

European Innovation Procurement Awards (EUIPA) 2021

 

O Consello Europeo de Innovación (EIC) convocou a primeira edición dos Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación (EUIPAwards), que pretenden recoñecer aos compradores públicos e privados de toda Europa nos seus esforzos por promover a contratación de innovación. O SERGAS foi gañador co primeiro premio na categoría denominada Innovation procurement strategy award na que se premian estratexias a longo prazo que desencadean diferentes adquisicións de innovación, solucións e prácticas sustentables. O resultado coñeceuse durante o Cume do Consello Europeo de Innovación do 24 ao 25 de novembro de 2021 en Bruxelas.

O Servizo Galego de Saúde, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, presentou en xullo de 2021 a candidatura titulada "O camiño galego de innovación en busca da contratación pública de solucións innovadoras para un envellecemento activo e saudable", titulada en inglés "The Galician innovation Journey in search of PPI solutions for active and healthy ageing", co acrónimo "INNO-AHA SERGAS".

 

Infografias-1920x550_2.jpg

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.