Convocatoria de Investigación e Innovación Responsable en Saúde 2022 (RRI)


O Instituto de Saúde Carlos III publicou a convocatoria de Investigación e Innovacion Responsable en Saude (RRI) para o ano 2022. Esta convocatoria ten como obxectivo promover a identificación, recoñecemento e difusión de boas prácticas de RRI en saúde desenvoltas nos IIS acreditados polo ISCIII, fomentando ao mesmo tempo unha aprendizaxe compartida que mellore a implementación dos principios de RRI nas actividades dos IIS e favoreza a diseminación de boas prácticas.


A RRI persegue fomentar a participación activa das persoas na ciencia e a innovación desde as fases máis temperás dos proxectos de investigación, para que os resultados obtidos estean o máis aliñados posible coas necesidades sociais. Non só busca impulsar a participación cidadá, senón que tamén avoga polo acceso aberto á ciencia, a igualdade de xénero, a educación científica, a gobernanza e a ética.


Na convocatoria seleccionaranse un total de tres candidaturas, as mellor valoradas por unha comisión independente. Cada IIS poderá presentar un máximo de tres solicitudes e estará aberta a todos os acreditados e ao seu persoal asignado en relación coa acción en RRI presentada.


As propostas deberán incluír un formulario de solicitude, a memoria do proxecto, un vídeo descritivo sobre a actividade levada a cabo no proxecto, cuxo ligazón se integrará na memoria, e unha declaración de consentimento informado, cesión dos dereitos de propiedade intelectual e aceptación dos termos e condicións do concurso.


O prazo para a recepción de propostas ábrese dende o 7 de setembro ata o 22 do mesmo mes. Os criterios que se valorarán para a concesión dos premios serán a excelencia, o impacto e a implantación de cada unha das accións presentadas.


No lateral dereito dispoñedes dun acceso a convocatoria e unha guía de instruccions.​​​​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.