No
B.O.E. de data 11 de outubro do 2022 publicouse o Extracto de
Resolución de 7 de outubro da Presidencia da Axencia Estatal de
Investigación pola que se aproba a convocatoria para o ano 2022 das
axudas para incentivar a consolidación investigadora , do Plan
Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para
o período 2021-2023 no marco do Plan de Recuperación,
Transformación y Resiliencia. O texto completo pódese consultar na
Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS :
652707
O
obxecto desta resolución é a aprobación de concesión de
axudas para incentivar a consolidación Investigadora, incluídas no
Programa Estatal para Desenvolver, Atraer e reter talento.
A
finalidade destas axudas é
fomentar a consolidación da carreira profesional de persoas
investigadoras, nacionais e estranxeiras, incentivando a creación de
prazas de carácter permanente nas institucións de adscrición e
facilitando o inicio ou afianzamento dunha liña de investigación
mediante o financiamento dun proxecto propio de I+D+i así como a
adecuación e renovación dos espazos e laboratorios e a mellora do
equipamento, necesarios para a súa execución.
A
contía total máxima de esta convocatoria é de 76.000.000 de euros,
que poderá ser incrementada con unha contía adicional de ata
20.000.000 de euros.
O
prazo de presentación de solicitudes é dende o 3 de novembro ata
o 24 de novembro de 2022 ás 14
horas( hora peninsular española).
No
lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución ,ao extracto da
resolución e as fichas resumo da convocatoria.