Convocatoria de Axudas a Redes de Investigación 2022



No B.O.E. de data 14 de setembro de 2022 publicouse o Extracto da Resolución do 12 de setembro de 2022, da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria do ano 2022 das axudas a redes de investigación, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 629429.​


O obxectivo destas axudas é incentivar a creación de redes de investigación para promover a complementariedade de capacidades e optimizar os recursos de investigación existentes, xerando sinerxias entre grupos de investigación de distintas institucións. As actividades científico-técnicas ás que van dirixidas estas redes teñen que demostrar o seu valor engadido en base á consecución de obxectivos comúns e compartidos e a realización de actividades que non poderían financiarse a través doutros instrumentos.


As axudas financiarán as actividades para a creación e desenvolvemento de redes de grupos de investigación en tres modalidades:


a) Modalidade Redes Temáticas: encamiñadas a mellorar os resultados de investigación obtidos mediante actuacións financiadas en convocatorias anteriores de proxectos do Plan Estatal de I+D+i.


b) Modalidade Redes ICTS: encamiñadas a fomentar a coordinación xeral das redes de ICTS.


c) Modalidade Redes Estratéxicas: encamiñadas a contribuír á xestión e á coordinación nacional de iniciativas estratéxicas de I+D+i nacionais ou internacionais.


O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 22 de setembro de 2022 e finaliza o día 11 de outubro de 2022 ás 14:00 horas (hora peninsular española).


No lateral dereito dispoñedes dun acceso á Convocatoria.


Na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria.


Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.