Varices: termoablación e peche con cianoacrilato. Consulta técnica

Tratamento endovenoso das varices das extremidades inferiores: Endoablación térmica por radiofrecuencia e peche endoluminal mediante cianoacrilato
 O obxetivo do informe consistiu en valorar a utilidade clínica da ablación mediante radiofrecuencia ou o selado mediante cianocrilato no tratamento das varices. Segundo a evidencia publicada, ambas técnicas parecen ser seguras e reducen a sintomatoloxía asociada a esta patoloxía, cunha maioría dos pacientes tratados manisfestándose satisfeitos cos resultados obtidos.​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.