A Consellería de Sanidade e o EIT Health debaten sobre o impacto da Intelixencia Artificial en Saúde

EIT Health Spain e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, debullan as principais conclusións do foro de discusión EIT Health Think Tank sobre o impacto da IA en Saúde.
 
O obxectivo deste evento virtual é ofrecer esta información aos axentes relevantes do sector da saúde, os datos e a IA, discutindo conxuntamente a mellor estratexia para abordar o impacto da IA no sector, os seus profesionais e os propios cidadáns.
 
Neste evento participarán como relatores Cristina Bescós, directora xeral de EIT Health Spain, que expoñerá as principais conclusións do informe, Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, que falará da estratexia galega ao redor da implementación da IA en saúde, e Alberto Iglesias, moderador do evento e experto en tecnoloxía e I+D.
 
Por iso comprácenos convidarche a este evento para que sexas testemuña de primeiroa man do futuro da IA en saúde: Rexístrate aquí
 
 
Axenda
 
10:00 - 10:05: Benvida a cardo do moderador Alberto Iglesias
10:05 - 10:10: Benvida da Consellería de Sanidade por parte do seu principal responsable, Julio García Comesaña
10:10 - 10:30: Benvida e presentación de resultados do EIT Health Think Tank en España por parte de Cristina Bescós
10:30 - 11:25: Conversación entre Cristina Bescós e Julio García Comesaña moderada por Alberto Iglesias
11:25 - 11:30: Peche a cargo do moderador Alberto Iglesias

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.