Dúas EOXI de Galicia incorpóranse ao programa “Centro Comprometido coa Excelencia en Coidados”

José Javier Castrodeza, Secretario Xeral de Sanidade e Consumo acompañado de Jesús F. Crespo, Director do Instituto de Saúde Carlos III e de Doris Grinspun, Directora Executiva da Registered Nurses' Association of Ontario (RNAO), presidiu o acto de entrega das designacións como centros Comprometidos coa Excelencia en Coidados a 26 institucións de saúde españolas, entre as que se atopan a Estrutura de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte e a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Vinte e seis institucións españolas de 13  comunidades autónomas recibiron o 12 de Febreiro de 2018 o seu recoñecemento como Centro Comprometido coa Excelencia en Coidados (CCEC®/BPSO®) nun acto celebrado en Madrid no Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).

 130220181.jpg

Os Centros Comprometidos coa Excelencia en Coidados (CCEC®/BPSO®) son institucións sanitarias como hospitais, centros de longa estancia, centros de atención  primaria e outros centros públicos  relacionados coa atención sanitaria que se comprometen coa implantación das Guías de Boas Prácticas.

Ditas guías de boas prácticas implantadas ou en proceso de implantación son 25, e abordan o estudo, control de factores de risco, valoración e manexo de diferentes enfermidades crónicas, así como problemas de seguridade do paciente, ou a adecuada abordaxe de signos e síntomas.
 
As institucións implicadas no programa de Centros Comprometidos coa Excelencia en Coidados en España, están a contribuír a cambiar a prestación de coidados cara a unha práctica baseada na evidencia, obtendo resultados moi remarcables. Ca implantación das diferentes guías, conseguiuse reducir o número e gravidade das lesións producidas como consecuencia de caídas; a lactación materna exclusiva no momento do alta hospitalaria sitúase entre o 78%-85% (segundo o centro), a lactación materna exclusiva aos 6 meses como indicador de referencia para a OMS pasou do 29,7% ao 40,3%.
 
Entre os procesos clínicos, a valoración integral e educación a pacientes incrementouse notablemente, alcanzando en moitas guías cifras superiores ao 90%. En outro proxecto de implantación de guías, a  detección e  a   planificación de coidados na dor sitúanse por encima do 90% e 80%, respectivamente.
 
centro.jpg
 
Este conxunto de resultados fixeron que o Programa Centros Comprometidos coa Excelencia en Coidados® fose seleccionado como boa práctica pola Rexión Europea da Organización Mundial da Saúde (OMS) en 2016.
 

Desde ACIS unímonos ao merecido recoñecemento de todos os centros e en especial ao  das EOXI de Lugo e A coruña e as súas Unidades de Enfermería por o seu labor na investigación e desenvolvemento dos coidados sanitarios.

 

130220183.png
 

 

 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.