Convocatoria de Axudas para Incentivar a Consolidación Investigadora 2022


No B.O.E. de data 11 de outubro do 2022 publicouse o Extracto de Resolución de 7 de outubro da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria para o ano 2022 das axudas para incentivar a consolidación investigadora , do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023 no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS : 652707


O obxecto desta resolución é a aprobación de concesión de axudas para incentivar a consolidación Investigadora, incluídas no Programa Estatal para Desenvolver, Atraer e reter talento.


A finalidade destas axudas é fomentar a consolidación da carreira profesional de persoas investigadoras, nacionais e estranxeiras, incentivando a creación de prazas de carácter permanente nas institucións de adscrición e facilitando o inicio ou afianzamento dunha liña de investigación mediante o financiamento dun proxecto propio de I+D+i así como a adecuación e renovación dos espazos e laboratorios e a mellora do equipamento, necesarios para a súa execución.


A contía total máxima de esta convocatoria é de 76.000.000 de euros, que poderá ser incrementada con unha contía adicional de ata 20.000.000 de euros.


O prazo de presentación de solicitudes é dende o 3 de novembro ata o 24 de novembro de 2022 ás 14 horas( hora peninsular española).


No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución ,ao extracto da resolución e as fichas resumo da convocatoria.​​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.