Crecemento intelixente a través dunha cooperación transfronteiriza para o impulso da Innovación.
O proxecto CODIGOMAIS foi aprobado no marco da primeira convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
O obxectivo de CODIGOMAIS é a creación dun Ecosistema Transfronteirizo (Galicia- Norte de Portugal) de innovación en saúde que favoreza a interrelación entre os principais actores públicos e privados, fomentar as capacidades e estimular o funcionamento dun polo de competitividade de excelencia relacionado co sector da saúde.
O Ecosistema permitirá a integración entre todos os actores do sector da saúde da área de Cooperación, favorecendo en particular o encontro e a coordinación entre a demanda de servizos dos usuarios finais (pacientes, familiares e profesionais), as políticas de impulso á innovación das administracións rexionais, a oferta de coñecemento e tecnoloxía dos centros tecnolóxicos e a súa explotación no mercado por parte das empresas.
A creación deste círculo virtuoso favorecerá a orientación ao mercado e a creación dun marco de cooperación de excelencia, a atracción de capital privado e o reforzo dunha imaxe de marca que busca á internacionalización dos participantes do Ecosistema.
Na parte inferior desta páxina dispoñedes dun vídeo resumo do proxecto CODIGOMAIS.
Socios:
- Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)
- Universidade de Santiago de Compostela (USC) y Universidade de Vigo (UVigo)
- Cluster Saúde de Galicia (CSG)
- Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA)
- International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL)
- Health Cluster Portugal-Associacao do Pólo de Competitividade da Saúde (HCP)
- Universidade do Porto (FMUP)
- Centro Clínico Académico Braga (2CA-Braga).
Orzamento: 2.288.893€