Acreditación de títulos oficiais de formación profesional obtidos en España para poder exercer a profesión en países da Unión Europea ou países asinantes do acordo sobre o espazo económico europeo

Con este procedemento acredítase a titulación obtida no Estado español para poder solicitar o recoñecemento profesional noutro estado membro da Unión Europea ou asinante do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo para os efectos de poder exercer a profesión naquel país.
 
Titulacións oficiais de formación profesional sanitaria susceptibles de acreditación:
  • Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría
  • Técnico en Farmacia e Parafarmacia
  • Técnico Superior en Anatomía patolóxica e citoloxía
  • Técnico Superior en Audioprótese
  • Técnico Superior en Dietética
  • Técnico Superior en Documentación Sanitaria
  • Técnico Superior en Hixiene Bucodental
  • Técnico Superior en Imaxe para o Diagnóstico
  • Técnico Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico
  • Técnico Superior en ortoprótese
  • Técnico Superior en Próteses Dentais
  • Técnico Superior en Radioterapia
  • Técnico Superior en Saúde Ambiental
Países onde a acreditación será efectiva:
Estados membros dá Unión Europea (UE): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Paises Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Chipre.
Estados signatarios do Acordo sobre Espazo Económico Europeo (EEE): Suíza, Islandia, Leichtenstein e Noruega.
 
Normativa aplicable:
O Real decreto 581/2017, do 9 de xuño polo que se incorpora ao ordenamento xurídico español a directiva 2013/55/UE do Parlamento europeo e do Consello, do 20 de novembro de 2013, pola que se modifica a Directiva 2005/36/CE relativa ao recoñecemento das cualificacións profesionais e o Regulamento (UE) N.º 1024/2012 relativo á cooperación administrativa a través do Sistema de Información do Mercado Interior (Regulamento IMI).
 
Documentación que debe presentar o/a interesado/a:
  • Solicitude de acreditación
  • Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou pasaporte
  • Fotocopia compulsada do título profesional oficial ou certificado sustitutorio do título, expedido pola autoridade competente
Documentación para descargar

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.