CHRODIS Joint action

Addressing chronic diseases and healthy ageing across the life cycle

O Sergas coordina a participación de Galicia neste proxecto, a acción conxunta cofinanciada polo Programa de Saúde Pública da UE de maior envergadura ata a data.

Os socios do proxecto traballan xuntos para identificar, validar, intercambiar e difundir as mellores prácticas sobre enfermidades crónicas entre os estados membros da UE e facilitar a súa implantación con carácter xeral. O obxectivo é alixeirar a carga que estas doenzas supoñen sobre os orzamentos de asistencia comunitaria sanitaria dos países europeos, que acada entre o 70 e o 80% do total.

O manexo eficiente das enfermidades cardiovasculares, a diabetes tipo 2, o cancro ou os trastornos mentais, que afectan a 8 de cada 10 persoas maiores de 65 anos en Europa, é unha cuestión estratéxica para Galicia polo seu perfil demográfico.

Micro_7-CHRODIS-Joint-action_GA_810x169.png 

Máis información:

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.